Co alumnado do club de lectura, buscamos nas redes que símbolos podíamos empregar para o día da poesía.
Entre todos decidimos empregar a imaxe dunha pluma. Con tinkercard démoslle forma e convertémola nun arquivo para imprimir na 3D e facer uns pins para agasallar o alumnado que os escoitaba nas contadas de poesía.